GALICIA: Concello de Samos (Lugo): Contratación de 3 peóns para tarefas de Servizos múltiples

CONCELLO DE SAMOS

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE TRES PEÓNS PARA TAREFAS DE SERVIZOS MÚLTIPLES NO CONCELLO DE SAMOS EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DURANTE UN PERIODO DE SEIS MESES A XORNADA COMPLETA

_______________________________________________________________________________________________________________

Por Decreto de Alcaldía de data 26/06/2012, aprobáronse as bases para o procedemento de selección citado. O carácter excepcional así como a necesidade urxente e inaprazable da citada contratación nos servizos básicos esenciais do Concello de Samos foi aprobado polo Concello en Pleno segundo Acordo adoptado en data 13.03.2012 aos efectos do previsto no art. 3 do RD Lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público.

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición libre

Clase de Persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade de contrato de obra ou servizo determinado a xornada completa.

Funcións e retribucións: As recollidas a título enunciativo na Base 2ª das que rexen a convocatoria.

Duración: 6 meses.

Bases Reguladoras da selección: Atoparanse a disposición dos interesados/as nas oficinas do Concello e na páxina web do mesmo: www.concellosamos.es. Valoraranse os méritos establecidos nas bases e realizarase unha proba práctica.

INSTANCIAS:

Os interesados/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán presentar instancia nos termos e segundo o modelo normalizado recollido como Anexo nas Bases reguladoras.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DESDE O DÍA 2 ATA O DÍA 4 DE XULLO DE 2012