GALICIA: Concello de Sada (A Coruña): Contratación como interino dun/dunha Traballador/a Social

CONCELLO DE SADA

______________________________________________________________________________________________________________________________________

BASES DA CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A PROVISIÓN INTERINA DUNHA (1) PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de diplomatura universitaria en traballo social, do título de grao en traballo social, ou equivalentes.

INSTANCIAS:

As instancias de participación, dirixidas ó señor Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horas de Oficina.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 29 DE XUÑO ATA O DÍA 6 DE XULLO DE 2012

Poderán tamén remitirse na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común (LRXAP). pero neste caso as persoas solicitantes deberán comunicalo mediante fax durante o mesmo prazo de presentación de instancias (ao número: 981 621 274). Se conforme a este precepto se presenta a instancia a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Contratación