CONCELLO DE LUGO
_______________________________________________________________________
CONVOCATORIA PÚBLICA DE TRINTA E DÚAS BOLSAS DE FORMACIÓN PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROXECTO “MURALLA DIGITAL” (0413_MURALLA_DIGITAL_1_E), CONFINANCIADO NUN 75% POLO FEDER NO MARCO DA 2ª CONVOCATORIA DO PROGRAMA POCTEP (2007-2013)
_______________________________________________________________________________________________________________
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar na posesión da titulación académica requirida para o obradoiro para o cal presente a solicitude.
INSTANCIAS:
As solicitudes, xunto coa documentación adicional requerida, presentarase conforme o modelo oficial que figura no Anexo I da presente convocatoria, modelo que tamén estará a dispor dos interesados na Oficina de Participación Cidadá do Concello de Lugo (antigo seminario) e que tamén poderá descargarse na páxina web do Concello de Lugo: www.lugo.es.
As solicitudes deberán presentanse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, sito na Ronda da Muralla nº 197, ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 2 ATA O DÍA 9 DE XULLO DE 2012
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsas