RESOLUCIÓN DO 30 DE ABRIL DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE. (Publicado no DOGA nº 92 de 15 de maio de 2012)
_____________________________________________________________________________________________________________________________
Categorías:
– Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
– Técnico/a superior en radioterapia.
– Técnico/a superior en hixiene bucodental.
– Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico clínico.
– Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 30.11.2011 que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.
Por Resolución do 8 de febreiro de 2012 (DOG n.º 32, do 15 de febreiro) publícanse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, de diversas categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico superior).
Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos seus resultados mediante unha listaxe definitiva de excluídos/as e admitidos/as.
As persoas aspirantes admitidas, e só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das listas provisionais.
As listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a lista coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Sergas: https://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800.
Para más información, consulta o seguinte enlace: Resolución Listas definitivas