PONTEVEDRA: Diputación Provincial: Bolsas de colaboración para Licenciados en Dereito, Ciencias Económicas, Empresariais e titulacións equivalentes e creación dunha lista de reserva no Organismo de Xestión Tributaria e Catrastral (O.R.A.L.)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA – XESTIÓN TRIBUTARIA E CATASTRAL

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PÚBLICA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA LICENCIADOS EN DEREITO, CIENCIAS ECONÓMICAS, EMPRESARIAIS OU TITULACIÓNS EQUIVALENTES E CREACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA NESTE ORGANISMO

_______________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de Licenciado en Dereito, Ciencias económicas, empresariais ou titulacións equivalentes, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.R.A.L. e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00, sito na Avenida de marín, 9, Pontevedra, podendo tamén presentarse nos lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 19 ATA O DÍA 28 DE MAIO DE 2012

Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes mencionados, o interesado deberá xustificar a data e hora da imposición do envío remitindo a solicitude ó O.R.A.L. mediante fax ó nº 986.859.936 ou correo electrónico a “[email protected]” no mesmo día.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa