PONTEVEDRA: Concello de Moraña: Contratación dun/dunha peón para o mantemento e vixiancia da pisicina

CONCELLO DE MORAÑA

_______________________________________________________________________

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL DE 1 PRAZA DE PERSOAL LABORAL EVENTUAL, ANO 2012

_______________________________________________________________________________________________________________

O obxecto destas bases é a contratación laboral eventual de 1 praza de peón para mantemento e vixiancia da piscina, incluída no cadro de persoal laboral eventual de 2012, polo período do 15-06-2012 ao 14-09-2012.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión ou en condición de obter o certificado de escolaridade.

INSTANCIAS:

Os interesados presentarán as solicitudes dirixidas á Alcaldesa-Presidenta, no Rexistro Xeral deste Concello, en horario de 9 a 14 horas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 17 ATA O DÍA 24 DE MAIO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Contratación