Contratación dun/dunha Auxiliar de Axuda no Fogar para o Concello de Toén (Ourense)

CONCELLO DE TOÉN

___________________________________________________________________

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA CUBRIR 1 POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL

_________________________________________________________________________________________________________

– Modalidade de contratación: contrato de interinidade a xornada completa para a cobertura das vacacións das auxiliares titulares.

– Duración do contrato: do 25 de xuño ó 30 de setembro de 2012. 

– Titulación esixida: formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente ou certificación de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente.

– Retribucións totais: 870,18 €/mes (incluído salario, plus de transporte e p.p. paga extra).

– Sistema de selección e baremo: concurso/base 9, aptdo. I; II; IV e V.

– Bases xerais: publicadas no BOP n.º 133, do 12 de xuño de 2001, e na sede electrónica municipal www.concellodetoen.sedelectronica.es.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 9 ATA O DÍA 15 DE MAIO DE 2012

As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.