Contratación de un Tractorista para o Concello de Cervantes (Lugo)

CONCELLO DE CERVANTES

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN POR CONCURSO DE TRACTORISTA EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

_______________________________________________________________________________________________________________

Proceso de selección.: Concurso de méritos

Duración: Ata o 31 de agosto de 2012.

Clase de persoal: Laboral temporal , baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, a xornada completa.

Funcións: realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal.

SOLICITUDES:

As solicitudes presentaránse de conformidade co establecido nas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 25 de abril de 2012 e que estarán a disposición dos interesados nas oficinas do Concello, podéndose consultar , así mesmo, no taboleiro de anuncios .

PRAZO DE PRESENTACIÓN: DENDE O DÍA 7 ATA O DÍA 11 DE MAIO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Convocatoria contratación