Bolsa de Emprego para postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar para o Concello de Ourol (Lugo)

CONCELLO DE OUROL

_______________________________________________________________________

CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NESTE CONCELLO PARA POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

_______________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso

INSTANCIAS:

Os/as interesados/as en formar parte desta Bolsa de Emprego, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ourol.

Presentaranse debidamente cubertas, no Rexistro Xeral.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 3 ATA O DÍA 10 DE MAIO DE 2012

A presentación de instancias poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Ourol ou en calquera das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, (LRXAP e PAC). As solicitudes que se entreguen a través da Oficina de Correos deberán presentarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario/a de correos antes de ser certificada.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa de emprego