Contratación de 5 Socorristas Acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático para o Concello de Sada (A Coruña)

CONCELLO DE SADA

______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE CINCO (5) SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A UNIDADE DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-oposición libre

TITULACIÓN REQUIRIDA:  Estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

– Estar en posesión do título de socorrista acuático ou diploma que acredite a realización dun curso de formación en materia de socorrismo acuático en vigor ou titulación equivalente ou que a englobe, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.

INSTANCIAS:

As instancias de participación, dirixidas ó señor Alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horas de Oficina.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 27 DE ABRIL ATA O DÍA 9 DE MAIO DE 2012

Poderán tamén remitirse na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pero neste caso as persoas solicitantes deberán comunicalo mediante fax durante o mesmo prazo de presentación de instancias (981 621 274). Se conforme a este precepto se presenta a instancia a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases contratación