Contratación dun Peón de obras públicas – Cantería para o Concello de Toén (Ourense)

CONCELLO DE TOÉN

________________________________________________________________________

Unha vez aprobadas as bases específicas de selección de persoal para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ó concurso.

Bases específicas:

– Número e denominación da praza : 1 peón de obras públicas –cantería.

– Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

– Duración do contrato: 9 meses.

– Titulación esixida: non se esixe.

– Retribucións totais: 1.002,72 Û/mes (incluída pppe).

– Sistema de selección e baremo: concurso / base 9, apartado I; IV e V.

– Bases xerais: publicadas no BOP n.º 133, do 12 de xuño de 2001, e na sede electrónica municipal https://concellodetoen.sedelectronica.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 9 ATA O DÍA 15 DE MARZO D3 2012

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.15 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.