CONCELLO DE MARÍN
________________________________________________________________________
SELECCIÓN PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE ESTUDIOS OU BECAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NAS OFICINAS DE TURISMO DESTE CONCELLO NO ANO 2012
_________________________________________________________________________________________________________________
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do Título de Diplomado/a en Turismo, Graduado en Turismo ou Técnico/a Superior en Información e Comercialización Turística, no momento da convocatoria do proceso de selección.
A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2003 ou con posterioridade a esta data.
INSTANCIAS:
As solicitudes para participar na selección, que se axustarán ao modelo que figura como Anexo II das bases, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, ou por calqueira dos medios previstos no artigo 38.2 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, nese deberá xustificar a data e hora da imposición da solicitude mediante o seu envío ao Concello vía fax ( 986882013).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATE O VINDEIRO XOVES DIA 29/03/2012.
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases bolsa