Contratación dunha Auxiliar de Axuda no Fogar para o Concello de Baltar (Ourense)

CONCELLO DE BALTAR

________________________________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL QUE SE INDICA A CONTINUACIÓN, SEGUNDO A RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

– Número e denominación das prazas: Unha Auxiliar de Axuda no fogar (xornada a tempo parcial).

– Modalidade de contratación: contratación de persoal laboral temporal para obra ou servizo determinado.

– Duración do contrato: 5 meses.

– Sistema de selección: concurso de méritos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 3 ATA O DÍA  7 DE MARZO DE 2012

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Na mesma data e horarios poderán consultarse as bases.

Selección con carácter interino dun/dunha Director/a, 1 Técnico/a de Xestión Económica e 1 Auxiliar Administrativo/a para a execución de programas de carácter temporal do persoal Directivo do Proxecto «Imos Traballar II», xestionado pola área de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado do Concello de Vigo (Pontevedra)

CONCELLO DE VIGO

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN CON CARÁCTER INTERINO PARA A EXECUCIÓN DE PROGRAMAS DE CARÁCTER TEMPORAL DO PERSOAL DIRECTIVO DO PROXECTO “IMOS TRABALLAR II”, XESTIONADO POLA ÁREA DE EMPREGO, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E VOLUNTARIADO

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 PRAZAS:

 –     1 Director/a

–     1 Técnico/a de Xestión Económica

–     1 Auxiliar Administrtivo/a

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-oposición libre.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión da títulación académica esixida para o acceso á praza segundo o disposto, na relación seguinte:

– 1 Director/a:  Diplomatura ou Enxeñería Técnica -ou equivalente-.

– 1 Técnico/a de xestión económica: Diplomatura en Económicas, Empresariais -ou equivalente.

– 1 Auxiliar administrativo: Formación Profesional de I Grado, Ciclo Medio -ou equivalente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: ATA O DÍA 9 DE MARZO DE 2012

 Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria

 

LISTAS CONTRATACIÓN – XUNTA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece que en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben porque haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, categoría, corpo e escala, coa excepción das/dos interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade.

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2011 e o número de inscritos/as en cada lista, esta dirección xeral dispón:

–     Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.  

–     RELACIONAR AS LISTAS CORRESPONDENTES AOS GRUPOS, CATEGORÍAS, CORPOS E ESCALAS QUE SE ATOPAN ABERTAS E EN QUE AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN PRESENTAR SOLICITUDE DE INCLUSIÓN NO PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 1 DE MARZO E O 15 DE XULLO DESTE ANO (ANEXO II). 

–     Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e en que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo III).

Para máis información, consulta o seguinte enlace: listas contratación