Contratación dun/dunha Animador/a Cultural para o Concello de Dodro (A Coruña)

CONCELLO DE DODRO

______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN, POR CONCURSO LIBRE, DUN/DUNHA ANIMADOR/A CULTURAL DESTE CONCELLO EN RÉXIME TEMPORAL

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de valoración de méritos.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico en Animación Sociocultural ou diplomado en Educación Social; no seu defecto, admitirase a diplomatura en Maxisterio, ou licenciado en Socioloxía ou Pedagoxía.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao alcalde do Concello de Dodro e deberán realizarse seguindo o modelo que figura como ANEXO II das bases.

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 5 DE MARZO DE 2012

Tamén se poderán presentar na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (neste caso os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama, ou fax ao numero 981802142, durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases contratación