GALICIA: Concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña): Contratación dun/dunha Técnico/a de Igualdade

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO/A DE IGUALDADE

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

Duración do Contrato: previsión inicial de  catro meses e quince días,  en todo caso a contratación non se estenderá máis alá do día 20 de maio de dous mil trece

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 22 DE DECEMBRO ATA O DÍA 4 DE XANEIRO DE 2012

Lugar de consulta das bases: Secretaría do Concello de Malpica e páxina web municipal (www.concellodemalpica.com).

GALICIA: Concello de Manzaneda (Ourense): Contratación dun/dunha Axente TIC

CONCELLO DE MANZANEDA

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SELECCIÓN DUN AXENTE TIC PARA A AULA DESTE CONCELLO

______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de Formación  Profesional de Grao Superior, rama Informática ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

INSTANCIAS:

As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó alcalde e deberán presentalas no Rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 28 DE DECEMBRO ATA O DÍA 7 DE XANEIRO DE 2012

As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ó teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es

ANDALUCÍA: Publicada la bolsa de trabajo de la Junta de Andalucía a 21 de diciembre

Situación de la bolsa de interinos a 21 de diciembre de 2012
Aquí podrás encontrar información sobre la situación de las Bolsas de Interinos, actualizado al día de la fecha arriba indicada.

  • Fecha del contenido: 21/12/2012
  • Documentos asociados:

GALICIA. Resolución que modifica a Resolución pola que se publican a listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de Xestión e Servizos do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 18 DE DECEMBRO DE 2012 QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DE 3 DO DECEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

_______________________________________________________________________________________________________________

Mediante Resolución do 3 de decembro (DOG nº 240, do 18 de decembro), ordénase a publicación das listas definitivas de admitidos/excluídos e a baremación provisional con número de orde, estando prevista a visibilidade dos resultados no FIDES/expedient-e, epígrafe de procesos e as listas na web do Servizo Galego de Saúde. A baremación de cada aspirante admitido/a, foi visible no expediente citado desde as 8.00 horas do 18 de decembro, ben que as listas non foron publicadas por detectarse incidencias técnicas na súa xeración.

Unha vez resoltas as incidencias técnicas, acórdase publicar as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e publicar de novo os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde.

Tendo en conta o anterior, ábrense novos prazos de reclamación e recurso que contan desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no DOG.

Así mesmo, as persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación recollida nas listas provisionais de admitidos con puntuación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das citadas listas provisionais.

A publicación do número de titulares e suplentes para nomeamentos de curta duración (norma II.8 do Pacto de selección temporal) das dúas listas por área sanitaria e, se é o caso, zonificación, para a prestación de servizos, respectivamente, nos centros de atención primaria e especializada comprendidos no citado ámbito territorial, publicaranse na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no enlace que figurará ao final da resolución, no momento da publicación dos resultados definitivos de baremación.

Máis información, no seguinte enlace: Publicación DOGA

GALICIA: Concello de Xunqueira de Ambia (Ourense): Contratación dun/dunha Auxiliar de axuda no fogar para dependencia

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBIA

_______________________________________________________________________

CONTRATACIÓN LABORAL

_______________________________________________________________________________________________________________

–  Número e denominación das prazas: unha auxiliar de axuda no fogar para dependencia, 30 horas semanais.

Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

Duración do contrato: 6 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

INSTANCIAS:

Presentaranse no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Na mesma data e horario poderanse consulta-las bases.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 25 ATA O DÍA 29 DE DECEMBRO DE 2012

CASTILLA Y LEÓN: Universidad de Valladolid: Abierto nuevo plazo para inscribirse en el proceso selectivo para la formación de lista de espera para la cobertura de ofertas de trabajo con carácter temporal en la categoría de Personal de Administración y Servicios de Técnico Especialista de Oficios, Correos.

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID

_______________________________________________________________________

Con fecha 21 de noviembre de 2012, fue dictada Resolución de este Rectorado por la que se convocaba proceso selectivo para la formación de lista de espera para la cobertura de ofertas de trabajo con carácter temporal de la categoría laboral de Personal de Administración y Servicios de Técnico Especialista de Oficios, Correos.

Una vez publicada la mencionada convocatoria en el «Boletín Oficial de Castilla y León» del pasado 26 de noviembre, fue abierto el plazo de presentación de solicitudes a partir del día siguiente, el cual se extendió hasta el día 1 de diciembre del presente, de conformidad con lo establecido en la base II de la convocatoria.

A la vista de que en esta fase del procedimiento se han presentado algunas solicitudes de abstención de diversos miembros del Tribunal y por otro lado, se ha observado una falta de actualización en determinados contenidos enunciados en el temario recogido en el Anexo II de la mencionada Resolución de 21 de noviembre, procediéndose en consecuencia a la modificación de estos contenidos de acuerdo con las funciones y actuales servicios a desarrollar por la categoría laboral de referencia.

Se resuelve:

Abrir un nuevo plazo para la presentación de solicitudes. El procedimiento de entrega de estas solicitudes será el mismo que figura en la base II de la convocatoria, esto es, deberán ser acompañadas de fotocopia de DNI o equivalente documento acreditativo de identidad, y se presentarán en el Registro General de la Universidad de Valladolid (Palacio de Santa Cruz, Plaza del Colegio de Santa Cruz, n.º 8 de Valladolid) y en los Registros Auxiliares de la Casa del Estudiante (C/ Real de Burgos, s/n de Valladolid) y de los Vicerrectorados de los Campus Universitarios de Palencia (Avda. de Madrid, n.º 44), Segovia (C/ Trinidad, n.º 3) y Soria (Campus Duques de Soria) e, igualmente, mediante la forma establecida en el Art. 38.4 de la LRJ-PAC. Las solicitudes suscritas en el extranjero podrán cursarse a través de las representaciones diplomáticas o consulares españolas correspondientes.

NUEVO PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DESDE EL DÍA 20 HASTA EL DÍA 26 DE DICIEMBRE DE 2012

Para más información, puedes consultar el siguiente enlace: Lista de espera

GALICIA: Concello de Manzaneda (Ourense): Elaboración dunha bolsa de emprego para diversas categorías

CONCELLO DE MANZANEDA

_______________________________________________________________________

 CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE DETERMINADAS CATEGORÍAS DESTE CONCELLO

_______________________________________________________________________________________________________________

Denominación

Títulación requirida

ATS/DUE Residencia 3ª Idade Diplomatura en Enfermería ou equivalente
Fisioterapeuta Residencia 3ª Idade Diplomatura en Fisioterapia
Auxiliar de clínica Residencia 3ª Idade Título de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería FP Rama Clínica, ou equivalente
Xericultor/a Residencia 3ª Idade Título de Técnico de Atencións Sociosanitarias FP Rama Clínica ou equivalente
Camareira-limpadora Residencia 3ª Idade Título de certificado de escolaridade ou equivalente, ecarné de manipulador de alimentos
Oficial 2ª cociña Título de Técnico en Restauración, FP Rama Hostalería ou equivalente
Auxiliar de apoio Residencia 3ª Idade título de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería FP Rama Clínica, ou equivalente
Auxiliar servizo axuda no fogar título de Atención Sociosanitaria FP Rama Clínica ou equivalente

INSTANCIAS:

As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó alcalde e deberán presentarse no Rexistro do Concello (os días laborais de 9.00 horas a 13.30 horas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 20 DE DECEMBRO DE 2012  ATA O DÍA 2 DE XANEIRO DE 2013

As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na Secretaría Municipal, en horario de 9.00 horas a 13.30 horas, os/as cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ó teléfono 988 333 043 ou na páxina web do Concello, www.concellodemanzaneda.es.

Para máis información, consultao seguinte enlace: Publicación BOP

GALICIA: SERGAS: Resolución pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

_______________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 3 DE DECEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

______________________________________________________________________________________________________________

Mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias (enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 e enfermeiro/a en obstetricia-xinecoloxía-matrón/matroa) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Así mesmo, mediante Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos (facultativo/a especialista de área de Psicoloxía, traballador social, logopeda, técnico/a superior en prevención de riscos laborais e técnico de grao medio en prevención de riscos laborais) para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Nas ditas resolucións prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 26.4.2012 que cumpriran os requisitos determinados na citada resolución.

Pola Resolución do 29 de xuño de 2012 (DOG nº 131, do 10 de xullo), publicáronse as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais nas categorias:

1. Enfermeiro/a.

2. Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

3. Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía-matrón/matroa.

4. Traballador social.

5. Logopeda.

Resoltas as solicitudes de emenda, procédese á publicación dos resultados, mediante unha lista definitiva de excluídos/as e admitidos/as.

As reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación destas listas definitivas.

As persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación das listas provisionais.

As listas definitivas de excluídos/as e a lista de admitidos/as definitiva coa puntuación da baremación provisional e o número de orde están accesibles a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde:

https://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=91267

Para mais información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas

GALICIA: Concello do Vicedo (Lugo): Contratación dun/dunha Educador/a Infantil

CONCELLO DO VICEDO

________________________________________________________________________

SELECCIÓN, MEDIANTE CONCURSO OPOSICIÓN, DE UN EDUCADOR INFANTIL, A XORNADA COMPLETA, CON ADSCRICIÓN Ó SERVIZO MUNICIPAL DE PROXIMIDADE PARA A ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DESTE CONCELLO, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL

________________________________________________________________________________________________________________

O Prazo para a presentación de solicitudes remata o día 21 de decembro ás 14:00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poderán retirar copia das bases no rexistro xeral do Concello do Vicedo.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Publicación BOP 

ANDALUCÍA: Situación de la Bolsa de Trabajo de la Junta de Andalucía a 14 de diciembre

Situación de la bolsa de interinos a 14 de diciembre de 2012
Aquí podrás encontrar información sobre la situación de las Bolsas de Interinos, actualizado al día de la fecha arriba indicada.

  • Fecha del contenido: 14/12/2012
  • Documentos asociados: