Bolsas para a realización de prácticas en Oficinas de Información e Servizos turísticos do Concello de Vigo (Pontevedra)

CONCELLO DE VIGO

________________________________________________________________________________________________________________________________________

BASES XERAIS E CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN OFICINAS DE INFORMACIÓN E SERVIZOS TURISTÍCOS

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

NÚMERO, DOTACIÓN E DURACIÓN DAS BOLSAS

Concederánse 4 bolsas para o periodo comprendido entre o 16 de novembro de 2011 e o 15 de novembro de 2012 (4 bolsas x 12 meses x 900€/mes= 43.200€). Cada bolsa importa 10.800€. Asi mesmo, concederanse 6 bolsas para o periodo comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2012, coincidindo coa temporada alta turística (6 bolsas x 7 meses x 900€/mes= 37.800€).   

REQUISITOS DOS BOLSEIROS/AS

Ademais dos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de Subvencións de Galicia, para poder optar ás bolsas, os interesados/as deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Poderán optar ás bolsas de prácticas os/as Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística, así como os Diplomados/as en Empresas e Actividades Turísticas. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2000 ou con posterioridade á este data. Só poderán concorrer a esta convocatoria os/as solicitantes que reúnan estas condicións e sempre que nacesen con posterioridade ó 31 de decembro de 1978.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: DENDE O DÍA 25 ATA O DÍA 29 DE OUTUBRO DE 2011

As solicitudes serán presentadas preferentemente no Rexistro Xeral do Concello  e en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

As solicitudes que non se presenten no rexistro xeral do concello, deberán ser anunciadas por fax antes do día e hora de finalización do prazo:fax: 986810110.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Bolsa