APROBADAS AS BASES REGULADORAS DA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CASTROVERDE
O Concello co fin de contar cunha relación de persoas interesadas na súa posible contratación temporal por esta entidade, dótase dunha Bolsa de Emprego Temporal para futuras contratacións de persoal laboral, con carácter non permanente, en función de necesidades puntuais por acumulación de tarefas, vacantes, baixas, vacacións, etc, que non poidan ser atendidas polo persoal ao servizo desta Administración, sempre que o posibiliten as dispoñibilidades orzamentarias.
Ditas Bases estan a disposición dos interesados no taboleiro de edictos do Concello e na páxina
web www.concellodecastroverde.com.
Para consultar as Bases podes consultar o seguinte enlace: Bases Reguladoras Bolsa de Emprego