Contratación dun Técnico en Inserción Laboral para o Concello de Castro Caldelas (Ourense)

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

________________________________________________________________________

Por Decreto de Alcaldía n.º 124/2011, de data 12 de setembro de 2011, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun técnico en inserción laboral no marco do Programa Clara 2011-2012, en réxime de persoal laboral temporal.

O Concello de Castro Caldelas abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos máis entrevista, que será DENDE O DÍA 17 ATA O DÍA  22 DE SETEMBRO DE 2011.

Os interesados poderán recolle-las bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 15.00.