Contratación temporal dun Traballador Social para o Concello de Covelo (Pontevedra)

CONCELLO DE COVELO

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN TRABALLADOR SOCIAL NO CONCELLO DE COVELO

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Os aspirantes deberán estar en posesión do título de Diplomado/a en Traballo Social ou equivalente.

SOLICITUDES:

As persoas interesadas deberán presentar solicitude en modelo normalizado interesando a participación no proceso selectivo manifestando que se reúnen os requisitos xerais de acceso, acompañando a seguinte documentación:

— fotocopia do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios.

— fotocopia da titulación requirida de Traballador/a Social ou equivalente.

— fotocopia da documentación acreditativa dos méritos alegados.

— Declaración xurada manifestando que se reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde Presidente do Concello e poderán ser presentadas diante do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello sendo o horario de presentación de documentación de luns a venres: 9:00 a 14:00 horas.,ou en calquera das formas admitidas no artigo 38.4

da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 20 ATA O DÍA 29 DE SETEMBRO DE 2011

 

As bases estarán expostas no taboleiro de anuncios do Concello, no faro de Vigo e na páxina web: www.concello de covelo.es

Os solicitantes indicarán na instancia os seus datos persoais e deberán facer constar un teléfono de contacto para realizar o chamamento para calquera citación relacionada con esta selección.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Traballador Social