Contratación dun/dunha Técnico/a Deportivo para o Concello de Paderne (A Coruña)

CONCELLO DE PADERNE

_____________________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN POR CONCURSO LIBRE, DUN/DUNHA TÉCNICO DEPORTIVO EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso de méritos.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Técnico en actividades físicas e animación deportiva, ou Licenciado en educación física, ou Maxisterio (especialidade educación física).

Estar en posesión do carné de conducir B1         

INSTANCIAS:

As solicitudes de participación nas distintas probas selectivas presentaranse mediante instancia dirixida ao Sr. alcalde do Concello de Paderne.

Presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paderne e tamén poderán remitirse en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Si a solicitude non se presenta no Rexistro do Concello de Paderne, debe enviarse constancia da mesma o fax 981797035 dentro dos días establecidos para a presentación de solicitudes.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 14 ATA O 18 DE SETEMBRO DE 2011

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Técnico/a Deportivo