Contratación dun/dunha Técnico Deportivo para o Concello de Sobrado (A Coruña)

CONCELLO DE SOBRADO

_______________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN POR CONCURSO DUN/UNHA TÉCNICO DEPORTIVO EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

_________________________________________________________________________________________________________________

A contratación farase baixo o réxime de laboral temporal, por obra ou servizo determinado, e a súa duración será dun ano. O contrato será a tempo parcial con dispoñibilidade horaria.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico en actividades físicas e animación deportiva, ou Licenciado en educación física, ou Magisterio (especialidade educación física).

Estar en posesión do permiso de conducir B1.

INSTANCIAS:

As solicitudes, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 7 DE OUTUBRO DE 2011

 Á instancia acehgaranse inexcusablemente:

a) Fotocopia do DNI ou documentación equivalente.

b) Orixinal ou fotocopia compulsada do título esixido.

c) Relación circunstanciada dos méritos que se aleguen, unindo á devandita relación os documentos xustificativos dos mesmos (orixinais ou fotocopias compulsadas).

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Técnico Deportivo