Contratación dun/dunha Auxiliar Técnico de recadación e Xestión Tributaria para a Oficina de Xinzo de Limia (Ourense)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

______________________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia que se indica a continuación, segundo o Decreto da Presidencia con data 20 de setembro de 2011

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

– Número e denominación da praza: un auxiliar técnico de recadación e xestión tributaria para a oficina de Xinzo de Limia.

– Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.

– Duración do contrato: 3 meses.

– Sistema de selección: procedemento especial de urxencia.

– Perfil requirido para a contratación: graduado en educación secundaria obrigatoria.

INSTANCIAS:

Os interesados deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral da Deputación Provincial xunto co  currículo profesional que xustifique que dispoñen da debida capacitación para o desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato, así como os méritos que estimen oportuno alegar, e ademais realizaráselles unha proba práctica relacionada cos cometidos da praza.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 23 ATA O DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2011

– Órgano de selección: a selección da persoa contratada realizaraa o xefe do Servizo de Recursos Humanos, tendo en conta os méritos acreditados e a súa relación co tipo de posto de traballo temporal que se pretende cubrir, así como pola proba práctica desenvolvida.