Contratación dun chofer-operario para a Deputación Provincial de Ourense

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

________________________________________________________________________________________________________________________________________

Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia que se indica a continuación, segundo o Decreto da Presidencia con data 20 de setembro de 2011

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 – Número e denominación da praza: un chofer-operario.

 – Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.

 –  Duración do contrato: 3 meses.

 – Sistema de selección: procedemento especial de urxencia.

 – Perfil requirido para a contratación: graduado en educación secundaria obrigatoria e o permiso de circulación clase “C” e “E”.

INSTANCIAS:

Os interesados presentarán a instancia no Rexistro Xeral da Deputación Provincial e deberán presentar currículo profesional que xustifique que dispoñen da debida capacitación para o desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato, así como os méritos que estimen oportuno alegar, e ademais realizaráselles unha proba práctica relacionada cos cometidos da praza.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 23 ATA O DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2011

– Órgano de selección: a selección da persoa contratada realizaraa o xefe do Servizo de Recursos Humanos, tendo en conta os méritos acreditados e a súa relación co tipo de posto de traballo temporal que se pretende cubrir, así como pola proba práctica desenvolvida.