Contratación de persoal para a Escola Municipal de Música do Concello de Cee (A Coruña)

CONCELLO DE CEE

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

É obxecto da presente convocatoria a contratación laboral temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada a tempo parcial de cinco (5) horas á semana por obra ou servizo determinado, tipo 501, coa categoría de profesor/docente, cunha duración ata o día 31/12/2011, dos seguintes traballadores:

– Un/ha traballador/a como profesor/a de tuba, bombardino, trombón.

– Un/ha traballador/a como profesor/a de percusión.

– Un/ha traballador/a como profesor/a de frauta.

– Un/ha traballador/a como profesor/a de gaita.

– Un/ha traballador/a como profesor/a de clarinete.

– Un/ha traballador/a como profesor/a de violín.

– Un/ha traballador/a como profesor/a de saxofón.

Así mesmo, é obxecto da presente convocatoria a contratación laboral temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada a tempo parcial de nove (9) horas á semana por obra ou servizo determinado, tipo 501, coa categoría de profesor/docente, cunha duración ata o día 31/12/2011, dos seguintes traballadores:

– Un/ha traballador/a como profesor/a de piano e linguaxe musical.

Así mesmo, é obxecto da presente convocatoria a contratación laboral temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada a tempo parcial de dez (10) horas á semana por obra ou servizo determinado, tipo 501, coa categoría de profesor/docente, cunha duración ata o día 31/12/2011, dos seguintes traballadores:

– Un/ha traballador/a como profesor/a de acordeón e linguaxe musical.

Si ben estes postos son obxecto de convocatoria conxunta, cada participante deberá indicar no anexo I a especialidades ou especialidades ás que desexa concorrer, sendo obxecto de valoración a solicitude unicamente para ditas especialidades.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de profesor de música grado medio da especialidade requirida.

INSTANCIAS:

As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 28 DE SETEMBRO ATA O DÍA 8 DE OTUBRO DE 2011

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Persoal para a Escola Municipal de Música