Contratación, mediante interinidade dun Operario/a de limpeza viaria para o Concello de Padrón (A Coruña)

CONCELO DE PADRÓN

________________________________________________________________________________________________________________________________________

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO PARA PROVEER TRANSITORIAMENTE UN POSTO DE TRABALLO DE OPERARIO DE LIMPEZA VIARIA DESTE CONCELLO

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do certificado de escolaridade ou título equivalente.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando participar no proceso, dirixiranse ao Alcalde do Concello de Padrón e presentaranse, debidamente cubertas, no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Padrón, situado na pranta baixa do número 27 da rúa Longa, 15900, Padrón, A Coruña, por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXPAC).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 30 DE AGOSTO ATA O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2011

As instancias deberán axustarse ao modelo oficial que figura como Anexo I das  bases e estará a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do Concello de Padrón e na páxina web deste (www.concellodepadrón.es) e incluirá a manifestación de que se reúnen todos e cada un dos requisitos enumerados nas presentes bases e o compromiso, no suposto de superar o proceso, de prestar xuramento ou promesa de conformidade co Real decreto 707/1979, de 5 de abril.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:  Bases Operario de limpeza