CONCELLO DE BETANZOS
_______________________________________________________________________
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE DOUS AUXILIARES DE POLICIA LOCAL
_____________________________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre.
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do Título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente.
INSTANCIAS:
As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia compulsada do DNI, do titulo acreditativo de estar en posesión da formación académica mínima esixida segundo a base 6ª C) da convocatoria.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do Concello de Betanzos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 10 DE XUÑO DE 2011
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Aux Policía Local