Constitución de la bolsa de trabajo para Profesor de Logofonía-Logopedia del Servicio Extremeño de Salud

SERVICIO EXTREMEÑO DE SALUD

RESOLUCIÓN de 31 de marzo de 2011, de la Dirección Gerencia, por la que

se convoca la constitución inicial de bolsa de trabajo para provisión de

plazas de personal estatutario con carácter temporal, para Profesor de

Logofonía-Logopedia, en las Instituciones Sanitarias del Servicio Extremeño

de Salud.

https://doe.juntaex.es/pdfs/doe/2011/780O/11060697.pdf

Contratación como interino dun/dunha Informático/a Analista Programador para a Deputación Provincial de Pontevedra

CONVOCATORIA PARA NOMEAMENTO INTERINO DUN INFORMÁTICO ANALISTA PROGRAMADOR PARA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Posuír ou en estar en condicións de obter o título de enxeñeiro técnico en informática ou enxeñeiro en informática o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza á que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios.

Presentaranse no rexistro xeral da Deputación facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo I da convocatoria.

No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

PRAZO DE PRESENTANCIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 26 DE ABRIL ATA O DÍA 5 DE MAIO DE 2011

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas.

Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:

Bases Informático Analista 1

Bases Informático Analista 2 

Contratación como interino dun Traballador/a Social para o Concello de Monfero (A Coruña)

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, CON CARÁCTER INTERINO, DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, CLASE TÉCNICOS DE GRAO MEDIO PARA O CONCELLO DE MONFERO

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición.

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de diplomado en traballo social ou de asistente social, ou estar en condicións de obtelo na data que remata o prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

As instancias para solicitar a participación no proceso selectivo, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Monfero. Presentaranse debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do concello no modelo oficial que figura como Anexo I da convocatoria. Poderanse así mesmo remitir na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXAP e PAC). Se, consonte ao antedito precepto, se presentase a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na devandita solicitude. Doutro xeito, a data de anotación no rexistro xeral será a que se teña en conta para todos os efectos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 26 DE ABRIL ATA O DÍA 5 DE MAIO DE 2011

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Traballador Social