Formación dunha bolsa de emprego para a categoría de Profesor de Violín para o Concello de Marín (Pontevedra)

PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE PROFESOR DE VIOLÍN

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión, ou en condición de obter, no día en que remate a presentación de instancias, dalgunha das seguintes titulacións:

— Título de profesor e Título Pofesional de Música na especialidade de Violín ( Decreto 15/06/1942)

— Título de Profesor Superior de música na especialidade de violín (Decreto 2618/1966, sobre Regulamentación Xeral dos Conservatorios de música)

— Título Superior de música, especialidade de Violín ( Lei Orgánica 1/1990 de Ordenación Xeral do Sistema Educativo).

— Título Superior de música ( Lei Orgánica de Educación Lei 2/2006)

— Título equivalente, a equivalencia das titulacións deberá ser adecuadamente acreditada polos aspirantes.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que figura como Anexo I da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 16 ATA O DÍA 20 DE ABRIL DE 2011

A convocatoria e as bases da mesma serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello, e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Os restantes anuncios do proceso selectivo serán publicados no Taboleiro de Anuncios do Concello.

A dita instancia deberá acompañar a seguinte documentación:

— fotocopia do DNI

— fotocopia da titulación esixida.

— no seu caso, fotocopia do certificado oficial acreditativo do coñecemento da lingua galega.

— xustificante do aboamento dos dereitos de exame, por importe de 18,03 euros.

— méritos alegados na fase de concurso e xustificación dos mesmos.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Marín, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados.

As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Bolsa de emprego