Bolsa de Emprego para a categoría de Oficial de Fontaneiro para o Concello de Marín (Pontevedra)

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE OFICIAL FONTANEIRO PARA O CONCELLO DE MARÍN

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión, ou en condición de obter, no día en que remate a presentación de instancias, o título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que figura como Anexo II da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 20 DE ABRIL DE 2011

A dita instancia deberá acompañar a seguinte documentación:

— fotocopia do DNI

— fotocopia da titulación esixida.

— no seu caso, fotocopia do certificado oficial acreditativo do coñecemento da lingua galega.

— xustificante do aboamento dos dereitos de exame, por importe de 18,03 euros.

— méritos alegados na fase de concurso e xustificación dos mesmos.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do concello de Marín, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres ou de 9 a 13 horas os sábados.

As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo común

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Bases bolsa de Traballo 1

Bases Bolsa de Traballo 2

Contratación de 2 Auxiliares de Policía Local para o Concello de Carnota (A Coruña)

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL PARA O CONCELLO DE CARNOTA

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre 

TITULACIÓN REQUIRIDA: Deberán acreditar estar en posesión, como mínimo, do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias no Rexistro Xeral do Concello de Carnota

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 15 DE ABRIL ATA O DÍA 4 DE MAIO DE 2011

As instancias deberán ir acompañadas da seguinte documentación (copias compulsadas ou orixinais):

– Copia do DNI.

– Certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican nas probas.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Auxiliar de Policía