Bolsa para a realización de prácticas na Oficina de Turismo do Concello de Covelo (Pontevedra)

O Concello de Covelo, segundo Resolución da Alcaldía de data 7 de marzo de 2011, convoca unha bolsa para a realización de prácticas na Oficina de Turismo.  

Os/as interesados/as poderán presenta-la documentación ata as 14 horas nas oficinas do Concello de Covelo. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 12 DE ABRIL DE 2011 

As bases desta convocatoria están a disposición dos  interesados no Taboleiro do Concello a na páxina Web municipal. ó finalizar o prazo de presentación  de instancias, exporanse as listas de candidatos admitidos e excluídos no mesmo taboleiro. 

Sexta lista de aspirantes a interinidades do Concello de Ourense e prazo de inscrición para novos aspirantes

 

Nomeamento dos membros da Comisión de Selección de Funcionarios Interinos para o primeiro semestre de 2011 e relación de admitidos na sexta lista de aspirantes a interinidades do Excmo. Concello de Ourense de conformidade coas bases publicadas no BOP n.º 132, do 10 de xuño de 2008

O PRÓXIMO PRAZO PARA A INSCRICIÓN DE NOVOS ASPIRANTES E INCORPORACIÓN DOUTROS MÉRITOS DOS XA INSCRITOS, SERÁ TODO O MES DE XUÑO DE 2011

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Interinidades Concello de Ourense