Contratación de 2 Peóns do Servizo de Xardinería para o Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE DÚAS PRAZAS DE PEÓNS DO SERVIZO DE XARDINERÍA PARA O CONCELLO DE SAN CRIBRAO DAS VIÑAS

Número de prazas: dúas.

Denominación: peón do Servizo de Xardinería.

Duración: obra ou servizo (máximo de duración ata o 31/12/2011).

Contrato laboral para formalizar: de obra ou servizo determinado.

Xornada laboral: xornada completa (40 horas semanais, de luns a venres).

Titulación esixida: ningunha.

Condicións dos aspirantes: as establecidas na base 3ª das bases xerais para a contratación por concurso de prazas en réxime laboral temporal.

Méritos específicos:

– Por estar en posesión do permiso de conducir. Non se puntuará máis dun permiso de conducir por candidato: clase B …, 1 punto.

– Coñecemento das funcións concretas que se van desenvolver así como do funcionamento, organización e realidade socioeconómica deste concello … 3 puntos. Para iso o tribunal manterá unha entrevista persoal con cada un dos aspirantes.

Sistema de selección: concurso.

INSTANCIAS:

As solicitudes presentaranse en instancia que para o efecto facilitará o concello, no Rexistro Xeral, tamén se poderán remitir por calquera dos medios recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 22 DE MARZO DE 2011

Acompañarase a seguinte documentación:

1.- Copia compulsada da titulación mínima esixida.

2.- Copia compulsada do DNI.

3.- Declaración xurada de cumpri-los requisitos necesarios para contratar coa Administración pública, así como de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

4.- Acreditación documental xustificativa dos méritos esixidos.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Contratación San Cibrao das Viñas