Contratación dun Peón de Canteira para o Concello de Toén (Ourense)

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA CUBRIR UN POSTO DE TRABALLO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O CONCELLO DE TOÉN

Bases específicas:

Número e denominación das prazas: 1 peón de cantería.

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

Duración do contrato: 9 meses.

Titulación esixida: non se esixe.

Retribucións totais: 1.002,72 €/mes (incluída PPPE).

Sistema de selección e baremo: concurso / base 9, aptdo. I; IV e V.

 – Bases xerais: publicadas no BOP n.º 133, do 12 de xuño de 2001, e na web do concello www.toen.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 16 DE MARZO DE 2011

 – Lugar de presentación de Instancias: Rexistro Xeral do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 a 14.15 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.