Convocatoria de Bolsas para a realización de Prácticas en Oficinas de Información e Servizos Turísticos no Concello de Vigo (Pontevedra)

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN OFICINAS DE INFORMACIÓN E SERVIZOS TURISTÍCOS NO CONCELLO DE VIGO

Concederanse 9 bolsas para o período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2011.(9 bolsas x 8 meses x 900 €/mes= 64,800€).Cada bolsa importa 7,200€

REQUISITOS DOS BOLSEIROS/AS

Ademais dos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de Subvencións de Galicia, para poder optar ás bolsas, os interesados/as deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

Poderán optar ás bolsas de prácticas nas oficinas e servizos de información e promoción turística os/as Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística, así como os Diplomados/as en Empresas e Actividades Turísticas. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2000 ou con posterioridade á este data. Só poderán concorrer a esta convocatoria os/as solicitantes que reúnan estas condicións e sempre que nacesen con posterioridade ó 31 de decembro de 1978.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 10 ATA O DÍA 15 DE MARZO DE 2011

As solicitudes serán presentadas preferentemente no Rexistro Xeral do Concello, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

As solicitudes que non se presenten no rexistro xeral do concello, senón en calquera das outras formas previstas na devandita lei, deberán de remitir unha copia ao fax 986810110, antes do día e hora de finalización do prazo.

Os/as interesados/as presentarán as súas solicitudes acompañadas da seguinte documentación, por esta orde:

a) Impreso de solicitude

b) Fotocopia cotexada, por ámbalas dúas caras, do DNI

c) Currículum vitae e fotografía.

d) Declaración xurada das axudas de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas para o mesmo período.

e) Fotocopia compulsada do título ou do recibo do depósito do título.

f) Certificación académica completa ou fotocopia cotexada na que se reflicta a nota global de cada curso.

g) Certificación acreditativa de ter superada a proba de grao (reválida).

h) Certificación ou fotocopia compulsada dos cursos superados na escola oficial de idiomas ou títulos equivalentes.

i) Contrato de traballo ou certificado de prácticas, acreditativo da experiencia laboral en oficinas de información turística.

j) Fotocopia compulsada de cursos de informática, especificando o número de horas e contido dos cursos en cuestión. Non se valorarán os inferiores a 40 horas.

k) Declaración responsable do solicitante de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da bolsa das previstas no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Bases Bolsa Concello de Vigo 1

Bases Bolsa Concello de Vigo 2