Contratación de Persoal laboral Temporal (PLAN LUGO EMPREGA) para o Concello de Chantada (Lugo)

CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL QUE PRESTARÁ SERVIZOS CON CARGO AO PLAN DE EMPREGO PROVINCIAL 2011 (PLAN LUGO EMPREGA) NO CONCELLO DE CHANTADA

Requisitos xerais:

– De nacionalidade (segundo o establecido nos artigos 56 e 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Emprego Público):

-Ter nacionalidade española ou dos Estados Membros da Unión Europea.

– Os cónxuxes dos españois e dos nacionais dos Estados membros da U.E., sempre que non estean separados de dereito, así como aos seus descendentes e aos do seu cónxuxe, calquera que xea a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

– Os estranxeiros/as dun Estado non integrado na UE que teñan residencia legal en España.

b) De capacidade funcional: Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego ao que se aspira.

– De idade: Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

– De non separación nin inhabilitación para servizo público: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

 Requisitos específicos (deberán aportarse xunto coa solicitude):

–  Ser desempregado/a e estar inscrito/a nas oficinas de emprego da provincia de Lugo, acreditándose esta situación coa presentación da tarxeta de demanda actualizada ou mediante certificado expedido polo Director/a da Oficina do Servizo Público de Emprego da localidade onde estea inscrito.

– Disponer das seguintes titulacións para os seguintes postos de traballo:

– Para o posto de Administrativo: Bachiller o equivalente

– Para o posto de Técnico de medio ambiente. Ciclo superior de formación profesional relacionado co medio ambiente, Diplomatura o Licenciatura universitaria (o equivalentes).

– Para o posto de Técnico de dinamización turística: Ciclo superior de formación profesional relacionado co turismo, Diplomatura o Licenciatura universitaria (o equivalentes).

– Para o posto de Auxiliar de Policía local: Curso de Auxiliar de Policía Local expedido pola Academio Galega de Seguridade.

INSTANCIAS:

Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo presentarán a solicitude no modelo oficial que se publica como Anexo II destas bases. O dito modelo atoparase na páxina web da Deputación de Lugo e na páxina web do Concello de Chantada facilitándose tamén no Rexistro Xeral do concello de Chantada.

As instancias dirixiranse ao Ilmo Sr./Sr Alcalde do Concello de Chantada.

Os/As aspirantes presentarán unha única solicitude. Aqueles/as aspirantes que presenten máis dunha solicitude quedarán automaticamente excluídos do proceso selectivo.

O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 31 DE XANEIRO ATA O DÍA 4 DE FEBRERO DE 2011

Documentación que se acompañará necesariamente á Solicitude:

– Fotocopia do documento de identidade ou pasaporte para os/as que posúan a nacionalidade española e para os/as nacionais dos Estados membros da Unión Europea, así como para os/as nacionais de Estados que manteñan Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexan de aplicación a libre circulación de traballadores. Os aspirantes estranxeiros, deberán presentar o permiso vixente de residencia legal en España que acredite a capacidade para ser contratado/a laboralmente.

– Certificado de estar inscrito como desempregado nalgunha das oficinas de emprego da provincia de Lugo ou tarxeta de demandante de emprego actualizada

– Curriculum vitae actualizado e, no seu caso, a titulación esixida nas bases para determinados postos de traballo.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

 PLAN LUGO EMPREGA. Concello de Chantada 1

PLAN LUGO EMPREGA. Concello de Chantada 2