SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL COA CATEGORÍA DE OPERARIO QUE PRESTARÁ SERVIZOS CON CARGO AO PLAN DE EMPREGO PROVINCIAL 2011 (PLAN LUGO EMPREGA) NO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR OS ASPIRANTES:
Requisitos xerais:
– De nacionalidade (segundo o establecido nos artigos 56 e 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Emprego Público):
1.-Ter nacionalidade española ou dos Estados Membros da Unión Europea.
2.-Os cónxuxes dos españois e dos nacionais dos Estados membros da U.E., sempre que non estean separados de dereito, así como aos seus descendentes e aos do seu cónxuxe, calquera que xea a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
3.-Os estranxeiros/as dun Estado non integrado na UE que teñan residencia legal en España.
-De capacidade funcional: Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego ao que se aspira.
– De idade: Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
– De non separación nin inhabilitación para servizo público: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Estar en posesión da titulación académica esixida no Anexo I, ou titulación equivalente ou superior.
Requisito específico: Ser desempregado/a e estar inscrito/a nas oficinas de emprego da provincia de Lugo, acreditándose esta situación coa presentación da tarxeta de demanda actualizada ou mediante certificado expedido polo Director/a da Oficina do Servizo Público de Emprego da localidade onde estea inscrito.
SOLICITUDES:
Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo presentarán a solicitude no modelo oficial que se publica como Anexo II das bases. O dito modelo atoparase na páxina web da Deputación de Lugo, e na páxina web do Concello de Monforte de Lemos facilitándose tamén no Rexistro Xeral do concello de Monforte de Lemos.
As instancias dirixiranse ao Señor Alcalde de Monforte de Lemos. Os/As aspirantes presentarán unha única solicitude. Aqueles/as aspirantes que presenten máis dunha solicitude quedarán automaticamente excluídos do proceso selectivo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 27 DE XANEIRO ATA O DÍA 1 DE FEBREIRO DE 2011
Documentación que se acompañará necesariamente á solicitude:
– Fotocopia debidamente compulsada do documento de identidade ou pasaporte para os/as que posúan a nacionalidade española e para os/as nacionais dos Estados membros da Unión Europea, así como para os/as nacionais de Estados que manteñan Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexan de aplicación a libre circulación de traballadores. Os aspirantes estranxeiros, deberán presentar o permiso vixente de residencia legal en España que acredite a capacidade para ser contratado/a laboralmente.
– Certificado de estar inscrito como desempregado nalgunha das oficinas de emprego da provincia de Lugo ou tarxeta de demandante de emprego actualizada.
Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:
Bases Persoal laboral temporal (Plan Lugo Emprega) Concello de Monforte de lemos 1
Bases Persoal Laboral Temporal (Plan Lugo Emprega) Concello de Monforte de Lemos 2