Convocatoria para a provisión de 2 postos de conductores de maquinaria para a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor (Pontevedra)

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE 2 POSTOS DE CONDUCTORES DE MAQUINARIA PARA A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR (PONTEVEDRA)

Aprobadas por resolución da Presidencia da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor de data 13/01/2011 as bases da convocatoria para a provisión de dous postos de condutores de maquinaria en réxime de contrato laboral interino consonte o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores e artigo 4 do RD 2720/1998, do 18 de decembro, do Concello de Baiona procédese a publicación do anuncio para os efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas íntegramente na páxina www.baiona.org.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 21 ATA O DÍA 31 DE XANEIRO DE 2011

Selección de persoal laboral temporal con cargo ao plan emprego provincial de Lugo (PLAN LUGO EMPREGA)

SELECCIÓN DO PERSOAL LABORAL TEMPORAL QUE PRESTARÁ SERVIZOS CON CARGO AO PLAN DE EMPREGO PROVINCIAL 2011 (PLAN LUGO EMPREGA) NO CONCELLO DE LUGO

SISTEMA DE SELECCIÓN: O sistema de selección a empregar para a resolución do presente proceso de selección consistirá na realización polos/polas aspirantes dunha proba de coñecementos e na realización dunha entrevista curricular.

REQUISITO ESPECÍFICO: Ser desempregado/a e estar inscrito/a nas oficinas de emprego da provincia de Lugo, acreditándose esta situación coa presentación da tarxeta de demanda actualizada ou mediante certificado expedido polo Director/a da Oficina do Servizo Público de Emprego da localidade onde estea inscrito.

DENOMINACIÓN

Nº PRAZAS

TITULACIÓN

Técnico/a medio

3

Diplomados universitarios, Enxeñeiros Técnicos, ou titulación superior ou equivalente).
Dinamizador/a

3

(Bacharelato, Formación Profesional de Segundo Grado, titulación superior ou equivalente).
Especialista informático/a

3

Ciclos de formación profesional de grado superior da familia de Informática e comunicacións, FP II-Técnico Especialista informática, ou outra titulación superior ou equivalente.
Delineante

2

(Bacharelato, Formación Profesional de Segundo Grado, titulación superior ou equivalente).
Auxiliar Administrativo

5

Graduado Escolar, Graduado en ESO, titulación superior ou equivalente.
Ordenanzas

4

Titulación mínima de certificado de estudios primarios.
Peón

42

Titulación mínima de certificado de estudios primarios.

INSTANCIAS:

Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo presentarán a solicitude no modelo oficial que se publica como Anexo II destas bases. O dito modelo atoparase na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org, e na páxina web do Concello Lugo facilitándose tamén no Rexistro Xeral do concello de Lugo.

As instancias dirixiranse ao Excmo Sr./Sr Alcalde do Concello de Lugo.

As aspirantes presentarán unha única solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Lugo. Aqueles/as aspirantes que presenten máis dunha solicitude quedarán automaticamente excluídos do proceso selectivo; so poderá optarse a unha categoría das convocadas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 24 ATA O 28 DE XANEIRO DE 2011

Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:

Convocada unha praza como interino de Operario Conductor para o Concello de Baleira (Lugo)

CONVOCATORIA UNHA PRAZA DE INTERINIDADE COMO OPERARIO CONDUCTOR  NO CONCELLO DE BALEIRA, PARA A SUSTITUCIÓN TRANSITORIA DO TITULAR, EN TANTO EN CANTO NON CESE A SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL E SE INCORPORE Ó SEU POSTO DE TRABALLO

SISTEMA SELECTIVO: Oposición

TITULACIÓN ESIXIDA: Graduado escolar ou equivalente.

INSTANCIAS:

Os interesados e interesadas en participar nos correspondentes procesos selectivos deberán presentar instancia dirixida ó Excmo. Sr. Alcalde no Rexistro Xeral do Concello Baleira; así mesmo, poderán remitirse na forma determinada polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 23 ATA O DÍA 29 DE XANEIRO DE 2011

Ás solicitudes de participación deberá xuntárselle a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa noutros estados membros da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada da titulación esixida.

c) Fotocopia compulsada do permiso de conducción C1.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Bases Operario Conductor. Concello de Baleira