Formación dunha lista para a provisión interina de prazas de Arquitecto para o Concello de Pontevedra

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE ARQUITECTO PARA O CONCELLO DE PONTEVEDRA

Formación dunha lista de reserva (Lista B) para a provisión interina de prazas de arquitecto da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, integradas no grupo A, subgrupo A-1.

TITULACIÓN REQUIRIDA:

Estar en posesión do título de licenciado en arquitectura ou estar en condición de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello de Pontevedra. A instancia deberá de conter, polo menos, os datos persoais do solicitante coa súa dirección, a denominación da praza, achegando fotocopia do DNI así como o currículum vitae e copia simple da documentación acreditativa dos méritos alegados.

Os méritos non xustificados na documentación que se achega á instancia solicitando tomar parte no concurso-oposición non serán tidos en conta.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 24 DE XANEIRO DE 2011

 A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 38-4 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deberán comunicalo por telegrama, fax, ou outro medio no mesmo día da súa imposición.

Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:

Bases Arquitecto. Concello de Pontevedra 1

Bases Arquitecto. Concello de Pontevedra 2