Cobertura temporal de prazas de Ordenanza para o Concello de Lugo

COBERTURA TEMPORAL DE PRAZAS DE ORDENANZA PARA O CONCELLO DE LUGO

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de certificado de Escolaridade ou título superior ou equivalente.

INSTANCIAS:

Os/as que desexen tomar parte neste proceso deberán facelo constar na instancia que lles será facilitada no Rexistro Xeral do Concello. As instancias dirixiranse o Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Lugo, e nelas farase constar expresa e detalladamente ademais dos datos persoais do solicitante, que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 8 ATA O 17 DE XANEIRO DE 2011

A presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello ou a través da vía establecida no artigo 38 da Lei 30/92 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentación que hai que presentar xunto coa instancia:

a.- Fotocopia compulsada do DNI

b.- Fotocopia compulsada da titulación esixida.

c.- Fotocopia compulsada de toda a documentación que poida serlle puntuada neste proceso.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Ordenanza. Concello de Lugo

Contratación de dous Auxiliares de Axuda no Fogar para o Concello de Ribeira de Piquín (Lugo)

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN  DE DOUS AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

Clase de Persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade de contrato de obra ou servizo determinado a xornada completa, de luns a domingo.

Funcións: As propias que derivan da natureza do posto.

Duración: Ata o 31 de Decembro de 2.011.

Bases Reguladoras da selección: Atoparanse a disposición dos interesados/as nas oficinas do Concello e no taboleiro de anuncios da Entidade. Valoraranse os méritos establecidos nas bases e superarase unha proba escrita.

INSTANCIAS:

Os interesados/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo cubrindo a instancia normalizada establecida por este concello e Dirixida o Sr. Alcalde que se facilitará nas oficinas municipais. Tamén poderán presentarse nos rexistros e oficinas a que se refire o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, neste caso debera de acreditarse dita presentación mediante o envío de un fax que deberá recibirse nas oficinas do concello antes das 15 horas do último día de presentación para que sexan admitidas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 8 ATA O 17 DE XANEIRO DE 2011

Contratación dun Traballador/a Social para o Concello de Ribeira de Piquín (Lugo)

CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DUN TRABALLADOR/A SOCIAL COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

Clase de Persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade de contrato de obra ou servizo determinado a tempo parcial.

Funcións: As propias que derivan da natureza do posto.

Duración: Ata o 31 de Decembro de 2.011.

Bases Reguladoras da selección: Atoparanse a disposición dos interesados/as nas oficinas do Concello e no taboleiro de anuncios da Entidade. Valoraranse os méritos establecidos nas bases e superarase unha proba escrita.

INSTANCIAS:

Os interesados/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo cubrindo a instancia normalizada establecida por este concello e Dirixida o Sr. Alcalde que se facilitará nas oficinas municipais.

Tamén poderán presentarse nos rexistros e oficinas a que se refire o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, neste caso debera de acreditarse dita presentación mediante o envío de un fax que deberá recibirse nas oficinas do concello antes das 15 horas do último día de presentación para que sexan admitidas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 8 ATA O 17 DE XANEIRO DE 2011