CONVOCATORIA E BASES PARA A SELECCIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DUN LEGOEIRO PARA A BRIGADA DE REGAS DA BAIXA LIMIA PARA O SERVIZO DE VÍAS E OBRAS
TITULACIÓN REQUIRIDA:
Agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase no seu día certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuí-lo documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
INSTANCIAS:
As instancias nas que se solicita participar na convocatoria, nas que os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias, dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 20 ATA O 26 NOVEMBRO DE 2010
Coa instancia acompañarase unha copia cotexada do DNI e os documentos acreditativos dos méritos ós que fai referencia a fase de concurso.
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: