Bolsas para a realización de prácticas en Oficinas de Información e servizos turísticos municipais. Concello de Vigo

CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN OFICINAS DE INFORMACIÓN E SERVIZOS TURÍSTICOS MUNICIPAIS DURANTE O PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 16 DE NOVEMBRO DE 2010 ATA O 15 DE XULLO DE 2011

REQUISITOS:

Poderán optar ás bolsas de prácticas nas oficinas e servizos de información e promoción turística os/as Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística, así como os Diplomados/as en Empresas e Actividades Turísticas. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2000 ou con posterioridade á este data. Só poderán concorrer a esta convocatoria os/as solicitantes que reúnan estas condicións e sempre que nacesen con posterioridade ó 31 de decembro de 1978.

INSTANCIAS:

As solicitudes serán presentadas preferentemente no Rexistro Xeral do Concello, no prazo arriba sinalado, e en calquera das formas previstas no artigo 38,4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do concello, o interesado deberá remitir copia do resgardo da súa solicitude ao servizo de Turismo ata o dia e hora de finalización do prazo:fax: 986810110.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 16 ATA O 20 DE NOVEMBRO DE 2010

Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:

 Bolsas para a realización de prácticas en Oficinas. Concello de Vigo 1

Bolsa para prácticas en Oficinas. Concello de Vigo 2