Selección dun posto de Auxiliar de Axuda no Fogar para o Concello de Folgoso de Courel (Lugo)

APRÓBASE A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN POSTO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA VALORADA, EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE CORENTA HORAS SEMANAIS, PARA A PRESTACIÓN DO DEVANDITO SERVIZO DURANTE O EXERCICIO 2010.

Clase de persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade  de contrato de obra ou servizo determinado, a xornada completa.

Función: As propias que derivan da natureza do posto.

Duración: Ata o 31 de decembro do 2010.

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o día 15 ata o día 17 de novembro de 2010. 

As solicitudes presentaranse de conformidade co establecido nas bases aprobadas pola Alcaldía que estarán a disposición dos /as interesados/as nas ofi cinas do Concello.

Valóranse os méritos establecidos nas bases.

Bolsas de Colaboración para a realización de prácticas no Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas. Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA PÚBLICA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL TURISMO RÍAS BAIXAS – DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

De conformidade coa proposta do Técnico do O.A.L. de Turismo Rías Baixas, a Presidencia deste organismo convoca catro bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo ou ciclo superior en comercialización e Información Turística e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria.

Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

a) Posuir a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo ou equivalelente ou ciclo Superior en comercialización e Información turística, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2005 ou con posterioridade a esta data no momento de inicio de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán atoparse homologadas polo Ministerio competente en España.

c) Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo por duración superior a un ano.

d) Non padecer ninguna enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.

e) Non estar incurso en ninguna das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, sito na praza Santa María, s/n, Pontevedra. Se o último día de presentación de propostas

coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común. Nestes casos, o solicitante deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ao O.A.L. Turismo Rías Baixas a remisión da oferta. Poderá facelo mediante fax (986868750), telegrama ou correo electrónico ([email protected]) no mesmo día.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

https://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2010/bop.PONTEVEDRA.20101112.218.pdf

Contratación dun/ha Traballador/a Social para o Concello de A Laracha (A Coruña)

CONTRATACIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL, BAIXO A MODALIDADE DE CONTRATO LABORAL DE OBRA OU SERVIZO A XORNADA COMPLETA PARA O CONCELLO DE A LARACHA (A CORUÑA) 

TITULACIÓN REQUIRIDA:

Estar en posesion da titulacion universitaria de Diplomado/a en Traballo Social.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando participar no proceso selectivo se dirixiran ao sr. Alcalde do Concello da Laracha, e se presentaran no Rexistro Xeral do Concello Tamen poderan remitirse na forma prevista no artigo 38 de la Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Rexime Xuridico das Administracions Publicas e Procedemento Administrativo Comun.

Xunto a instancia e ao resto da documentacion que se presentara, tamen se xuntara o xustificante do pagamento da taxa por dereito de exame que sera de 22 euros que podera ser efectuada en calquera das seguintes contas:

CAIXA GALICIA: 2091.0079. 52. 3110000015

LA CAIXA: 2100. 4912. 21. 2200004416

BANCO PASTOR: 0072. 0152. 18. 0000100180

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 12 ATA O DÍA 22 DE NOVEMBRO DE 2010

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

  https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/11/11/bop_215.pdf#page=79