CONVOCADA UNHA PRAZA DE ARQUITECTO (FUNCIONARIO INTERINO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE OUROL
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-oposición
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Os interesados dirixirán as solicitudes, no modelo ofi cial que se publica como anexo I destas bases e que tamén se facilitará no Concello.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello, ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que se presenten a través da Ofi cina de Correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 5 ATA O 19 DE NOVEMBRO 2010
Documentación que deberá acompañar necesariamente á solicitude:
– Fotocopia do DNI ou Pasaporte.
– Taxa por participación en procesos selectivos.
– Méritos debidamente acreditados.
Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces: