CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA PROFESOR/A DE MÚSICA (ESPECIALIDADE DE VIOLONCELLO) PARA O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DO CONCELLO DE RIVEIRA.
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA:
Título Superior de música establecido no artigo 54 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Título de Profesor de música que regula o Decreto 2.618/1966, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral dos Conservatorios de Música.
Título de Profesor ou Título Profesional de música do Plan de Estudos que regula o Decreto do 15 de xuño de 1942.
INSTANCIAS:
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó señor Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Terceira desta convocatoria.
As ditas solicitudes presentaranse no citado Rexistro Xeral (os días laborais de 9 a 13’30 horas). Tamén poderanse presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias (Fax do Concello de Riveira: 981 871610).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 4 ATA O DÍA 13 DE NOVEMBRO DE 2010
Á instancia unirase:
Xustificante acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 18,70 euros en concepto de matrícula. O dito importe poderase facer efectivo ben directamente nas Arcas Municipais ou ben mediante xiro postal ou telegráfico, así como mediante ingreso na seguinte conta municipal (cos datos persoais do aspirante e praza á que opta), número de conta de BBVA: 0182-5820-13-0000002454, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo ou por presenta-la solicitude fóra de prazo. En ningún caso a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación da instancia.
Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
Copia compulsada da titulación académica esixida na letra c) da Base 3ª para participar na convocatoria.
Unha relación dos méritos que aleguen para a súa valoración na fase do concurso, que se acompañará da documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos.
Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:
Profesor de Violoncello. Concello de Ribeira 1
Profesor Violoncello. Concello de Ribeira 2