GALICIA: Publicada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as nas categorías de: Auxiliar da función administrativa, Persoal de Servizos Xerais e Celador/a para vinculacións temporal no Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

RESOLUCIÓN DO 28 DE FEBREIRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICA A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DE DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS DE XESTIÓN E SERVIZOS PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

________________________________________________________________________________________________________________

Por Resolución do 24 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, ábrese o prazo para a inscrición nas listas para vinculacións temporais ás categorías seguintes do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade:

1. Grupo auxiliar da función administrativa.

2. Persoal de servizos xerais.

3. Celador/a.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 15.1.2012 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución, ben que por aplicación do disposto no artigo 48.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este prazo se ampliou ata a data do 16.1.2012.

Unha vez comprobados os datos correspondentes aos requisitos, e logo do acordo no seo da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Selección Temporal, subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., Cemsatse, CIG, CSIF, UGT e USAE, publicado no DOG n.º 89, do 9 de maio de 2011, mediante Resolución conxunta do 26 de abril de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, procédese a dar publicidade das persoas admitidas e excluídas na dita xeración de listas.

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expediente na epígrafe de procesos.

A documentación correspondente á formación ou titulación exixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte a este anuncio, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes teñan producido.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: DENDE O DÍA 10 ATA O DÍA 19 DE MARZO DE 2012

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 16.1.2012, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto citado.