Convocada 1 praza de Auxiliar Administrativo para o Concello do Pino (A Coruña)

CONCELLO DO PINO

________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL VACANTE NESTE CONCELLO

_________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA: Título de graduado en educación secundaria obrigatoria

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte na proba selectiva convocada deberán facelo constar mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Pino.

No Rexistro Xeral do Concello facilitaráselle aos interesados un modelo de solicitude que será de utilización voluntaria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Vinte días (20) soltos, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello de O Pino, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria