CONCELLO DE ALFOZ
________________________________________________________________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA INGRESO A PRAZAS DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DESTE CONCELLO, NO MARCO DO PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL
____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
– 1 Praza de Auxiliar (A tempo parcial)
– 1 Praza de Traballdor/a Social
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición Libre
INSTANCIAS:
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar solicitude, que figura como Anexo I das bases xerais e que se facilitará no Rexistro Xeral desta Entidade.
As instancias correspondentes dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Alfoz.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 27 DE MARZO ATA O DÍA 16 DE ABRIL DE 2012.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Alfoz, ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas.
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Convocatoria