CONCELLO DE BÓVEDA
_______________________________________________________________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA PARA ACCESO A DÚAS PRAZAS DE ADMINISTRATIVO DESTE CONCELLO RESERVADAS A PROMOCIÓN INTERNA
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do Título de Bacharelato ou técnico ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias ou ter unha antigüidade de dez anos nun Corpo ou escala do grupo D ( hoxe grupo C, subgrupo C2), ou cinco anos e a superación dun curso de formación específica ó que se accedera por criterios obxectivos.
INSTANCIAS:
As solicitudes, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de selección, dirixiranse ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Bóveda, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 20 DE MARZO ATA O DÍA 9 DE ABRIL DE 2012
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases convocatoria