Corrección de erro na convocatoria para prover varias prazas no Concello de Vigo

Resolución do 25 de novembro de 2010, do Concello de Vigo (Pontevedra), de corrección de erros da do 17 de novembro de 2010, referente á convocatoria para prover varias prazas
 
Advertido erro na Resolución do 17 de novembro de 2010, do Concello de Vigo (Pontevedra), referente á convocatoria para prover varias prazas publicada no «Boletín Oficial do Estado» número 285, do 25 de novembro de 2010, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:
Na páxina 98201, onde di: «Policía. Número de prazas: 25. Escala Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Policía Local. Sistema de provisión: Oposición libre.», debe dicir: «Policía. Número de prazas: 25. Escala: Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Policía Local. Sistema de provisión: 19 pola quenda libre e 6 por concurso pola quenda de mobilidade horizontal para acceso dende outros Corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.»