CONVOCATORIA PARA CUBRIR 3 PRAZAS DE POLICÍA LOCAL PARA O CONCELLO DE REDONDELA, ENCUADRADAS NA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA DE SERVICIOS ESPECIALES
SISTEMA DE SELECCIÓN: OPOSICIÓN LIBRE
TITULACIÓN REQUIRIDA:
Estar en posesión ou en condición de obtelo, na data de remate do prazo de presentación de instancias do título de bacharelato ou equivalente.
INSTANCIAS:
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao alcalde, cuxo modelo facilitarase polo concello no rexistro xeral ou a través da páxina web, con independencia de que se admitirá calquera outro modelo no que consten os datos do/a solicitante, domicilio, teléfono de contacto, DNI e proceso selectivo no que pretende participar.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas polo/a funcionario/a de correos antes de seren certificadas. No caso de presentala fóra do concello, o/a aspirante deberá dirixir por fax ao núm.: 986 403 894, unha copia da instancia con anterioridade ao remate do prazo para os efectos de que poida ser incluído/a na relación de admitidos/as.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 20 DE NOVEMBRO ATA O DÍA 9 DE DECEMBRO DE 2010
Documentación a presentar polos/as aspirantes:
— fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
— fotocopia compulsada ou orixinal da acreditación de ter aboado ao concello os dereitos de exame para poder participar nas probas selectivas convocadas.
— Orixinal ou fotocopia compulsada dos documentos requiridos nas bases, no seu caso.
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:
Bases Policía Local. concello de Redondela 1
Bases Policía Local. Concello de Redondela 2
Bases Policía Local Concello de Redondela 3