CONVOCADAS 2 PRAZAS DE TÉCNICOS SUPERIORES DE INFORMÁTICA PARA O CONCELLO DE A CORUÑA
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA:
Estar en posesión do título de Licenciado en Informática ou Enxeñaría en Informática. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
INSTANCIAS:
As instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente cumpridas. Así mesmo, poderán remitirse na forma determinada na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 16 DE NOVEMBRO ATA O 7 DE DECEMBRO DE 2010
A instancia deberá acompañarse necesariamente de:
– Fotocopia do D.N.I.
– Carta de Pagamento acreditativa de aboar o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu abono.
– Fotocopia compulsada do título esixido para ser admitido no presente proceso selectivo de conformidade coa normativa legal vixente.
– No seu caso, a acreditación de estar en posesión da titulación que exime de efectuar o exercicio de galego.
– Relación dos méritos que aleguen, enumerados segundo a orde establecida no Anexo I. Á devandita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos méritos, orixinais ou fotocopias compulsadas.
Para máis información, podes consultar os seguintes enlaces:
Bases Técnico Superior de Informática
Temario